8 de marzo de 2009, xustounah semana antes, 1 de marzo eran as eleccións o goberno da Xunta de Galicia, pola mañá o erguerme lin a prensa e non había cambios aparentes, as 12 da manhá fora menos xente a votar que había 4 anos...pero parecía que ia a aumentar a participación...parecía máis fácil, todavía...
xa cando comezou o escrutinio...non as tiña todas os primeiros datos publicados eran totalmente "erróneos", ou serían certos???lamentablemente eran certos e foronse corroborando máis cada vez que aumentaba o escrutinio, ata que nese teatro chamado de política, apareceu o ex-presidente xa como tal, recoñecendo a sua derrota e co único acto de política desa profesión, felicitando ó adversario pola sua victoria.
o segundo de abordo e cabeza de lista do outro partido presente no feito de gobernar 4 anos a nosa terra, sae a palestra, recoñecendo tambén que os resultados obtidos non eran os esperados, e xa ahí dicía con toda serenidade "agora é o tempo de estar ó lado dos galegos". luns ou segunda feira, dimisión do ex capitán, rios de tinta, acho que bágoas, abrazos, agradecimentos,... política;
despois duna semana en Tenerife se atopa coa sua muller tomando o sol, pois para eles non é nin hai crise.
o segundo..: "é época de estar ó lado dos galegos" e como tal, acha que a renuncia (como se lhe chamam nestes casos) non é uma opción, pois hai que estar o lado dos galegos, qué curioso, que agora que perdeu as opcións de poder estar no goberno diga o que tinha que haber feito en 4 anos como segundo de abordo e non é outra cousa que estar ó lado dos galegos. perdendo ca sua xestión as bases sociais, cuns pactos as veces estranos (PNV,CiU,...)pero con outras acertadas nese momento, Bantegal, Seaga,galescolas...e claro temos a costume que política é política e como tal,dentro da política e sobre todo no goberno hai que apoiar a todos e axudar, co cal despois de moitas medidas e actos "extranos", saen 4 temas normais, e de obrigada actualidade e necesidade de reforma e son medidas case que anticonstitucionais, radicais, de rutura...así que pasa esta semana e sigue co: "hai que estar ó lado dos galegos", o ex lider "espiritual"(sobre todo das bases) sae a palestrae cual zapato en man, pide a dimisión e non a renuncia (posto que dimisión, é cando foches derrotado)de toda a directiva nacional e unha volta atrás na toma de decisións a nivel de partido.
e nesas estamos expectantes vendo o circo da política
namentres o Capitán oficial, está preocupado por quén formará parte do seu navío, qué vehículo oficial vai comprar, saindo cada día nos medios de prensa dicindo algunha cousa, desvelando segredos da sua futura xestión...
uns van e outros veñen
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario