esta é a inauguración deste blog, como non podía ser doutro xeito, comezarei por falar de Paraguai, este gran descoñecido de américa latina, as veces ata definido como unha illa rodeada de terra.
cheguei a este país hai cousa de 4 meses, era polo mes de outubro cunha maleta chea de dúbidas e cunha cabeza máis oca que pouco. as primeiras intencións e visións do país non mudaron ate o día de hoxe, sigo asombrándome con todo o que acontece neste país, os tempos, nunca esquecerei este grande impacto, quizáis o maior choque, un tempo que non corre igual para as diferentes persoas, posto que hai xente que saia ou non un proxecto, unha axuda, uns insumos,... a tempo é unha relativa preocupación, simplemente sería realizar ben un traballo; nembargantes, o que directa e indirectamente implica esta "enfermidade" típica de todo funcionario, sexa do estado que sexa, non é outra que a FAME...por iso que hai cousas que son iguais estés onde estés
sen máis ssó dicir que queda inaugurado, supoño que terá a pouca afluencia que teñen os demáis.un bico pra ti que o les ou unha aperta segundo vostede prefira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario