lunes, 16 de febrero de 2009

vaia dia....


hoxe é un día chofff, no que a única cousa que realmente me apetece é pecharme en min mesmo e votarme a chorar ata que os lacrimais queden totalmente secos, un sentimento de agobio xeralizado que non me permite ver, sentir, disfrutar, sorrir, ... un día no que acordar é sinónimo de amargura, son estes os días máis tristes que há... nada ten sentido, nada te motiva, nada te axuda, nada te comprende, nada te acompaña, só esta inexcusable señora saudade, tenho saudades de moitas cousas, mas sempre é um día o que me ataca, non espera a ir atacando de pouco em pouco, un día e outro un pouco senón que son estes días nos que me reventa, aniquilame fisica, mental e persoalmente ata o fin de pensar en qué estou a facer da minha vida...ese errar constante que é a minha vida. Hoxe é un día no que me plantexo este tipo de malas cousas...estou vivindo postrado a unha pantalla, co dedo engatado nun mouse, cun corpo que está doente de mala vida e unha cabeza, que qué se pode dicir dela... non se atreve a baixar o corazón...non quere saber de sentir, non quere sentir, non quere escoitar o sentir, non quere ser partícipe dese sentir, porque xa sabe que esa baixada non conducirá a outro sitio, o camiño é coñecido, os efectos familiares e os efectos secundarios aínda peores, mas se a vida sorrí este estado muda, se a companha acompanhase o sorriso voltaría...hoxe a insalvable senhora estame matando, e o seu recordo estame aniquilando...hoxe sería un día no que pasaría muitas horas na sala de facturación dun aeroporto, vendo cómo se despide a xente...polo menos sería unha gran atmósfera chea de tristeza, alegria, bágoas, encontros, beijos, saudades e máis...

um beijo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario